21 de abr. de 2016

Campionato de España ALEVIN

Nesta páxina podedes ver en directo os partidos do sector:
www.competicionesendirecto.com

Cía María - Roller  as 10:00  
 e  
H.C. Raxoi - C.H. Compostela as 11:15 


 www.competicionesendirecto.com

9 de abr. de 2016

Prensa seria ?

Hoxe, nos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego por fin teñen a ben informar de hockey, eso si, no formato de venta, no dixital non.


 Este fin de semana xogan en A Coruña dous equipos da cidade, O H.C. Raxoi e o C.H. Compostela a final autonómica da categoría alevín, quedando segundo e cuarto respectivamente na liga regular. 
Este tipo de noticias non teñen cabida neste tipo de prensa, que si ten tempo para por resultados deportivos de menor categoría ( si é futbol valelle ata solteiros contra casados)





  •  O anterior fin de semana o equipo infantil do C.H. Compostela xogou a final A4 da sua categoría, e non apareceu nada referente a este equipo. 
  •  Os equipos senior do Raxoi e do Compostela están a xogar o play off en categoría senior e o mesmo.
  •  A semana anterior o A.C. Ordenes quedou campión na categoría junior e penso que igual


Despois queren que se merquen os seus diarios , cousa que algún avó fará para ver aos seus netos.

Grazas a La Voz e o EL Correo de todas formas por perder un anaco para un deporte que non é tan minoritario como pensades .

18 de feb. de 2016

Unha boa defensa leva a gañar o partido PARTE III


7. AXUDAS
As axudas significan asociacións de xogadores en defensa que pretenden presionar ao posuidor de bóla en dous contra un controlados. Polo sua ubicación na pista poden ser frontales, laterales ou a xogadores interiores. Normalmente canto máis pechado é o noso sistema defensivo máis sinxelo é executalas.




8. COMUNICACIÓN
En defensa os xogadores deben falarse, de modo que saiban cal é a intención do compañeiro. É fundamental para os cambios, a defensa de bloqueos e as pantallas. Non só é primordial para avisar ao compañeiro senón tamén para que o equipo atacante reciba a impresión do grado de concentración do defensor.



9. FALTAS TÁCTICAS
Debemos prever que temos un número limitado de faltas antes de recibir unha falta directa en contra por acumulación. Podemos explicar previo ao partido ou durante o mesmo que situacións son susceptibles de poder neutralizarse con faltas e que situacións son imperdonables para acumulalas. O adestrador debe ter sempre presente o dato de cantas faltas acumula o seu equipo e esixir un nivel de faltas tácticas maior ou menor en función da fase do partido na que esteamos.

16 de feb. de 2016

Unha boa defensa leva a gañar o partido PARTE II


4. PECHAR REBOTE
Cando se produce un tiro, a reacción posterior non debe ser saír á contra senón pechar aos posibles rematadores para que non teñan unha segunda opción. Este concepto non se soe traballar. O importante é que os atacantes non queden en situación de poder rematar.

5. NON FLOTAR
Sobre todo en situacións interiores, xa sexa no área ou en zonas de tiro con moito ángulo, ao atacante débeselle presionar de maneira que non poida nin habilitar pases aos laterales nin virarse e executar medias voltas sen oposición. Non flotar significa controlar o movemento posterior do atacante e, no seu caso, estar á distancia adecuada para a activación defensiva.

6.CONCENTRACIÓN

Nos partidos hai segundos intermedios, que van desde que os árbitros deteñen o xogo ata que a bóla volve poñerse en xogo. Debemos adestrar aos xogadores para que non se desactiven nestas situacións e estean prestos a renovar o xogo si son atacantes e dispostos a seguir defendendo para evitar ser sorprendidos.

9 de feb. de 2016

Unha boa defensa leva a gañar o partido



Defensa, defensa e defensa

1. USO DA MAN LIBRE
Antes do cambio reglamentario este era un compoñente fundamental para a boa defensa individual. Agora o uso da man libre para controlar ao opoñente, está penalizado con falta de equipo. Pero a efectos de medir ben a distancia defensiva, o uso da man libre axúdanos a controlar ao adversario e facilitar movementos cara atrás para controlar a situación. Debe evitarse en situacións de defensa do portador de bóla pero tendo presente que non impulsar, senón apoiarse no atacante en situacións puntuales como a media volta, axuda á técnica defensiva correcta.


2. USO DO STICK
O uso do stick é fundamental para varrer as liñas de pase interiores. O bo defensor sempre varre a pista co stick facendo de difícil lectura as liñas de pase. Hai que afacer aos xogadores a incorporar ao patinaje defensivo o levar o stick a unha sóla man. É unha asignatura pendente na formación a aprendizaxe da técnica da defensa de ambidiestros, en función de que liña de pase quérese neutralizar e a lateralidad do atacante. En situacións de saídas de ataque desde fondo de pista o uso do stick aberto é fundamental para a posterior boa defensa de liñas de tiro.

3. USO DO CORPO
O corpo é outro elemento defensivo que debemos utilizar para interpoñer nas liñas de tiro ou na posterior progresión dun xogador tras un movemento técnico de túnel ou de stick-patín. Está penalizado obstaculizar co corpo pero gañar a posición da traxectoria do atacante cara á portería é básico para axustar ben a marca e poder usar o stick correctamente.

seguiremos con máis........................................

27 de xan. de 2016

XOGO LIMPO


No partido de alevín de primeira división entre os dous primeiros da categoría, disputado na pista de Vite o pasado sábado, ocorreu unha acción que pasou desapercibida para a maioría dos espectadores e xogadores. Eu si a vin, en parte porque o meu fillo estaba no meollo e ocorreu diante da mesa de marcador, na cal me atopaba.


Perdía o Cia María por 3 goles a 1 a falta de dez minutos para finalizar o partido, cando nun choque fortuito entre o número 3 do Compañía e o 44 do H.C. Raxoi, este último perde o stick e prodúcese unha contra do Compañía. Lonxe de aproveitar a ocasión, o xogador de Compañía párase e recolle o stick e entrégallo ao xogador do Raxoi, desculpándose entre eles polo choque.
Este tipo de accións, que non adoitan ocorrer, deberían ser aplaudidas polo público e motivadas polos seus adestradores, para que pasen a ser o normal, non a excepción.

18 de xan. de 2016

Derbi compostelán en alevín


Interesante partido e derbi de máxima rivalidad, entre o C.H. Compostela e o H.C. Raxoi, que acabou con vitoria visitante por tres goles a catro. Estando o partido empatado a falta de dez segundos, comete penal o porteiro local e marca gol o Raxoi







Un partido intenso e con intercambio de goles, onde o gran labor do árbitro (que soamente se nomea para o malo) permitiu gozar ao público e xogadores, malia pitar tres penaltis.
O resultado permite ao H.C.Raxoi continuar na segunda praza e leva ao C.H. Compostela á sexta praza, lonxe dos postos de play of