27 de xan. de 2016

XOGO LIMPO


No partido de alevín de primeira división entre os dous primeiros da categoría, disputado na pista de Vite o pasado sábado, ocorreu unha acción que pasou desapercibida para a maioría dos espectadores e xogadores. Eu si a vin, en parte porque o meu fillo estaba no meollo e ocorreu diante da mesa de marcador, na cal me atopaba.


Perdía o Cia María por 3 goles a 1 a falta de dez minutos para finalizar o partido, cando nun choque fortuito entre o número 3 do Compañía e o 44 do H.C. Raxoi, este último perde o stick e prodúcese unha contra do Compañía. Lonxe de aproveitar a ocasión, o xogador de Compañía párase e recolle o stick e entrégallo ao xogador do Raxoi, desculpándose entre eles polo choque.
Este tipo de accións, que non adoitan ocorrer, deberían ser aplaudidas polo público e motivadas polos seus adestradores, para que pasen a ser o normal, non a excepción.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Ola:
Recórdoche que vas escribir un comentario nun blog deportivo-educativo.
Os comentarios inapropiados serán eliminados.