20 de out. de 2015

Partidos na comarca

¿Queredes Hockey na comarca?  Pois duas tazas:

H.C. RAXOI.
C.P. OROSO.
DIVER PATIN.
C.H.COMPOSTELA.
E si ao concello de Ordes non lle parece mal que o metamos na comarca
A.C. ORDENES.

18 de out. de 2015

Partidazo en Vite


Gran partido de alevín de 1ª Div. o disputado onte en vite polo H.C. Raxoi e o C.H. Compostela. Un partido que na primeira parte foi dominado polo Raxoi, e onde o seu puido ir ao descanso co partido
resolto, e unha segunda parte dominada polo Compostela, que remontou os dous goles  que tiña en contra , e si dura dous minutos máis o partido gaña.


Partido dos que dá gusto ver, crea afección e moi emocionate, posiblemente entre dous equipos que quedasen no alto da táboa e xogasen o play-off.

17 de out. de 2015

Hoxe en Alevín de 1ª división , duelo local en Vite, entre dous equipos que a priori deberían estar  no alto da  taboa.

E as 18:00 inicia o sua andadura en categoría superior, Mateo, que aínda é micro, pero espero que de a talla en prebenjamín. Empezan tamén dous equipos novos na competición o C.H OLEIROS  e  DIVER PATÍN C.D.

10 de out. de 2015

Inicio dun novo equipo


Un novo club ( Club Patín Oroso) iniciou o sua andadura este pasado sábado, perdendo por un resultado abultado, pero con traballo e esforzo todo pode cambiar.

Sempre se di que no deporte algúns gañan por inercia, que si encadeas un número alto de vitorias outras cantas veñen soas. Nunca crin que isto sexa certo, calquera vitoria sempre leva un traballo detrás.

Na actualidade prima a vitoria ante calquera outro aspecto e unha derrota é administrada case coma se o mundo acabásese, cando para nada é verdade isto último. Como principal aspecto a mellorar, debería estar o ensinar a perder ou a non gañar como prioritario, para intentar amoldar ás novas xeracións cunha boa educación. Tamén meteremos nisto aos medios de comunicación que se centran só nos gañadores, deixando de lado os deportes nos que os nosos deportistas non conseguen estar no máis alto e o que é peor, acórdanse deles só cando gañan.

O perder non é tan malo e menos aínda no deporte onde cada pouco tempo tense unha ocasión de revancha para poder demostrar que cun duro traballo é posible gañar onde antes perderas.

 Na xornada do 17 aparecen outros novos equipos, cada día somos maís.