18 de feb. de 2016

Unha boa defensa leva a gañar o partido PARTE III


7. AXUDAS
As axudas significan asociacións de xogadores en defensa que pretenden presionar ao posuidor de bóla en dous contra un controlados. Polo sua ubicación na pista poden ser frontales, laterales ou a xogadores interiores. Normalmente canto máis pechado é o noso sistema defensivo máis sinxelo é executalas.




8. COMUNICACIÓN
En defensa os xogadores deben falarse, de modo que saiban cal é a intención do compañeiro. É fundamental para os cambios, a defensa de bloqueos e as pantallas. Non só é primordial para avisar ao compañeiro senón tamén para que o equipo atacante reciba a impresión do grado de concentración do defensor.



9. FALTAS TÁCTICAS
Debemos prever que temos un número limitado de faltas antes de recibir unha falta directa en contra por acumulación. Podemos explicar previo ao partido ou durante o mesmo que situacións son susceptibles de poder neutralizarse con faltas e que situacións son imperdonables para acumulalas. O adestrador debe ter sempre presente o dato de cantas faltas acumula o seu equipo e esixir un nivel de faltas tácticas maior ou menor en función da fase do partido na que esteamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Ola:
Recórdoche que vas escribir un comentario nun blog deportivo-educativo.
Os comentarios inapropiados serán eliminados.