27 de xan. de 2016

XOGO LIMPO


No partido de alevín de primeira división entre os dous primeiros da categoría, disputado na pista de Vite o pasado sábado, ocorreu unha acción que pasou desapercibida para a maioría dos espectadores e xogadores. Eu si a vin, en parte porque o meu fillo estaba no meollo e ocorreu diante da mesa de marcador, na cal me atopaba.


Perdía o Cia María por 3 goles a 1 a falta de dez minutos para finalizar o partido, cando nun choque fortuito entre o número 3 do Compañía e o 44 do H.C. Raxoi, este último perde o stick e prodúcese unha contra do Compañía. Lonxe de aproveitar a ocasión, o xogador de Compañía párase e recolle o stick e entrégallo ao xogador do Raxoi, desculpándose entre eles polo choque.
Este tipo de accións, que non adoitan ocorrer, deberían ser aplaudidas polo público e motivadas polos seus adestradores, para que pasen a ser o normal, non a excepción.

18 de xan. de 2016

Derbi compostelán en alevín


Interesante partido e derbi de máxima rivalidad, entre o C.H. Compostela e o H.C. Raxoi, que acabou con vitoria visitante por tres goles a catro. Estando o partido empatado a falta de dez segundos, comete penal o porteiro local e marca gol o Raxoi







Un partido intenso e con intercambio de goles, onde o gran labor do árbitro (que soamente se nomea para o malo) permitiu gozar ao público e xogadores, malia pitar tres penaltis.
O resultado permite ao H.C.Raxoi continuar na segunda praza e leva ao C.H. Compostela á sexta praza, lonxe dos postos de play of