29 de mar. de 2015

MICRO

Victoria dos pequenos contra un Escola Lubians que mellorou moito dende que empezou a tempada, logrando un bo resultado , gañando por 3 goles a 0.



Alevin 1ª div.

Último partido do equipo alevin de 1ª división contra o  H.C. Liceo cun resultado final de 11 goles a un, nun partido que controlaron dende o primeiro minuto.
 
Finalizou a tempada para o noso equipo alevin, cunha meritoria quinta praza, malia contar soamente con tres xogadores (só un de segundo ano ) nesta categoría, sendo o resto do equipo benjamines de primeiro e segundo ano.


21 de mar. de 2015

20 de mar. de 2015

O risco de mutuas que non cumpren




No Castro non dispoñen de cirujanos vasculares de garda, de modo que, de acordo con fontes de dita clínica, propúxose á compañía de seguros derivala ao centro Quirón, na Coruña. Con todo, a aseguradora obrigou a trasladala ao hospital privado vigués Povisa.




Recórdame a lesión de Álvaro en Cambre e que tivo que ser atendido en Pontevedra a tempada pasada.....

8 de mar. de 2015

[Primeira División Benxamín] CDominicos 2 - 7 HockeyCRaxoi

Xa lles tardaba comezar a quentar!
Listos para comezar o partido.
Comeza o partido moi igualado, conseguimos adiantarnos cun gol de Óscar. 
Durante unha boa fase do partido domina o Dominicos e mantemos o resultado por un par de boas paradas de Samuel. 
Despois dous goles de chiripa e un bo gol de Manu poñen o 1-3 no marcador co que chegamos ao descanso!
Na segunda parte dous robos con gol de Breixo e un Golazo de Óscar decidiron o partido!
Cara o final Álvaro converte un gol deixando o resultado nun 1-7 que non fai  xustiza ao partido do Dominicos que consegue un gol nos últimos instantes. 
Finaliza o partido 2-7.




7 de mar. de 2015

Alevin

Gran partido do noso equipo,  que saeu moi centrado e moi serio  en defensa. Resultado final de 1 gol a 7

2 de mar. de 2015

Onte un pai queixabase por madrugar.................. mirade o enlace

Dick e Rick son pai e fillo nesta historia, a lenda do equipo Hoyt. Cando a Dick suxeríronlle sacrificar ao seu deficiente vástago, en estado case vegetal, os médicos realmente non tiñan nin a máis mínima noción da quen estaban dirixíndose, da forza, do agarimo e a convicción do seu interlocutor. Ex militar das Forzas Armadas dos Estados Unidos, sempre soubo que dentro da mente do seu fillo as cousas non eran o que parecían e conseguindo a axuda da Universidade de Tufts puido por fin comunicarse abiertamente con el a través dunha computadora.

As primeiras palabras de Rick foron “Go Bruins”, as súas primeiras palabras foron de ánimo para o equipo de hockey de Boston, tras doce anos a mensaxe escollida reflectiu a necesidade de gritar ao mundo a súa paixón polos deportes e supuxo o desencadenante do que sucedería mais tarde. Empezou cunha pequena proba benéfica á que lle seguiu outra, e outra e despois outra máis. Así durante 35 anos.

O video é o resumo de 911 eventos, 200 triatlones, 20 duatlones, 64 maratones (24 en Boston), unha proba especial de 3.735 millas e por si todo isto non fose suficiente, 6 Ironman. Un destes, o de Australia, é o correspondente ao video. Cando o vin por primeira vez, emocioneime, foi fai bastante xa e non recordo que día era nin onde estaba, simplemente recordo que o vin e que me emocionei. Para entón era moito máis novo e simplemente intuía iso que sempre se di de que os pais farían calquera cousa polos seus fillos. Iso é certo a medias.

pasou o tempo e volvín a visionar o video en multitude de ocasións, sempre emociona, co empuxe desa música fermosa claro pero está ben puidese ser outra bonita melodía e o efecto sería o mesmo. O que fai fluír os sentimentos é a mensaxe, son as imaxes que o esculpen, a pena pola súa orixe, a expectación que xera esa estampa correndo na estrada ao amencer, a incredulidad que aumenta ante cada brazada no medio das augas, a fragilidad durante o cambio de disciplina, o amor nos ollos que buscan signos no rostro querido, a empatía no sufrimento de ambos, a angustia cando cae a noite e os longos trancos tórnanse en curtas e dolorosas pisadas, o evidente castigo corporal co paso das hora, a alegría na recuperación, a euforia dos metros finais, acompañando ese puño no alto, e o orgullo ao contemplar a gesta, a mirada de orgullo dun pai que conseguiu facer realidade o soño do seu ser amado.

Dicía que se di que un pai faría calquera cousa polos seus fillos, non é que este errada esa afirmación na maioría dos casos, só que sucede que normalmente o que dan é o que creen que poden dar. Para conseguir o segundo basta con ser un bo pai, pero para conseguir o que realmente din necesítase exceder os límites persoais ata onde nunca puidese un mesmo imaxinar. Supoño que se necesitan circunstancias extremas como esta historia para alcanzar esas cotas e seres dispostas a abarcalas.

                         enlace

1 de mar. de 2015

[Primeira División Benxamín] @HockeyCRaxoi 6 - 5 @HockeyCiaMaria

Comezamos o partido con moitas gañas e superioridade chegando o 2-0 . Acto seguido e por erros defensivos chegamos ao 2-2
Penalti a favor do Compañía que converten póndose 2-3
Co pitido final da primeira parte conseguimos empatar nun mal partido pola nosa parte.
Segunda parte moi aturullada nos seus comezos.
Adiántase o Compañía e empatamos de penalti. 
A seis do final volvemos pórnos por diante con dous de vantaxe, pero Compañía reacciona e ponse a 1.
Resultado conque chegamos ao final. 

Quero destacar neste partido, e sinto se a alguén lle parece mal, que os pais e nais de ambos equipos dimos pena, temos que recapacitar e non trasladar tanta presión aos nenos que están a XOGAR, e repito, os pais e nais de ambos equipos.