16 de feb. de 2016

Unha boa defensa leva a gañar o partido PARTE II


4. PECHAR REBOTE
Cando se produce un tiro, a reacción posterior non debe ser saír á contra senón pechar aos posibles rematadores para que non teñan unha segunda opción. Este concepto non se soe traballar. O importante é que os atacantes non queden en situación de poder rematar.

5. NON FLOTAR
Sobre todo en situacións interiores, xa sexa no área ou en zonas de tiro con moito ángulo, ao atacante débeselle presionar de maneira que non poida nin habilitar pases aos laterales nin virarse e executar medias voltas sen oposición. Non flotar significa controlar o movemento posterior do atacante e, no seu caso, estar á distancia adecuada para a activación defensiva.

6.CONCENTRACIÓN

Nos partidos hai segundos intermedios, que van desde que os árbitros deteñen o xogo ata que a bóla volve poñerse en xogo. Debemos adestrar aos xogadores para que non se desactiven nestas situacións e estean prestos a renovar o xogo si son atacantes e dispostos a seguir defendendo para evitar ser sorprendidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Ola:
Recórdoche que vas escribir un comentario nun blog deportivo-educativo.
Os comentarios inapropiados serán eliminados.