29 de nov. de 2014

Benxamín

Victoria 10 - 0 contra o H.C. Liceo "B"
a crónica e pequena por que o que a tiña que facer foi de papatoria

Prebenxamín

Gañamos 6 - 1  ao H.C. Liceo "B" , na estrea de Mateo cos  "pre"

Micro

Outro gran partido dos nosos pequenos, tan emocionante que ninguén sabe o resultado final, pero é o de menos.


26 de nov. de 2014

Isto non sae na prensa "seria"


Noutra orde de cousas, relacionada co balonmano, hoxe quérovos contar a outra historia do deporte, desde esta pasada xornada o O.A.R. Coruña conta cun novo segundo adestrador, Daniel González Pérez, un mozo de 22 anos que levaba colaborando coa entidade desde fai 2 anos e medio e que froito das súas colaboracións vai gañando en atribución de funcións ata chegar ao posto.

Os seus atribuciones irán desde solicitar os tempos mortos a intercambiar opinións co máximo responsable técnico ou facer de enlace entre o persoal e Aguirregabiria, o adestrador. O vindeiro sábado, no encontro correspondente á undécima xornada de Liga, subirá un peldaño máis e será o encargado de deseñar o equipo inicial.

Daniel pasa horas diante do ordenador analizando o rendemento dos xogadores, comparando estatísticas e revisando unha e outra vez a sesión de vídeo que se lle prepara aos xogadores, é o primeiro en chegar aos adestramentos dos martes, o que recibe aos árbitros os días de partido, o que sempre ten un sorriso ou unha palmada de ánimo cando os seus compañeiros han ter unha mala xornada, o que trata de acougar a Pablo Aguirregabiria cando tras un mal primeiro tempo toma enfurecido o camiño do vestuario, Pablo di del que Daniel posúe unha lectura táctica que xa lle gustaría a moitos. Iso é o que fixo que Daniel poida cumprir un soño co seu club e tede por seguro que non se vai a quedar aí e seguirá subindo, dende aquí quero felicitalo e darlle todo o apoio posible por conseguir algo tan importante a unha idade tan nova, pode ser que o OAR xa non este en Asobal, pero con xente así seguro que regresará pronto.

Por certo, esquencín dar un dato de Daniel, e é que ten síndrome de Down.

22 de nov. de 2014

15 de nov. de 2014

Alevín

Perdemos contra un equipo moi superior, pero plantando cara en todo momento.

H.C. RAXOI   2 - 6   CIA MARIA "A"

[Benxamín] HockeyCRaxoi 6 - 1 Dominicos


Gran partido nos nosos benxamíns. 
O partido decidiuse nunha grande segunda parte.
Grande hoxe o noso adestrador, partido reñido e xogando todos!



12 de nov. de 2014

Preselección Galega

O bo traballo segue a dar os seus froitos:

Preselección galega e clínic co seleccionador nacional Quin Paüls, o próximo luns día 17 as 18:30 h. no pavillón de Monte Alto.

  • Uxío Corral Souto
  • Adrián Aguirre Cancela
 
 

8 de nov. de 2014

Partidazo

Perdemos 2 - 1 en alevín contra o Compos "A" nun partido moi igualado e moi intenso. Partido dos que gusta ver.

[Benxamín] Compañía de María 3 - 6 Hockey Club Raxoi

Bo partido o celebrado hoxe en Coruña entre o Compañía de María e o noso Benxamín rematando a primeira parte cun 0-3 para chegar ao final cun 3-6. Os nosos xogadores gozaron de moitas oportunidades, pero hoxe non era o día de facer goles. Destacou a actuación dos nosos porteiros... desta vez uns dos causantes do gran resultado.

5 de nov. de 2014

RECORDANDO EL 2011

H.C.RAXOI UN PROYECTO DEPORTIVO , SOLIDARIO Y HUMANO

No podemos ser ajenos a la situación o condiciones que nos rodean y afectan , la discapacidad es una circunstancia que existe , no podemos negar ni arbitrar de ninguna manera los derechos que asisten a estas personas , que cuentan plenamente con los mismos derechos que los demás , con la misma CAPACIDAD LEGAL para disfrutar de ellos.

Animo al grupo humano para esta temporada del H.C. Raxoi , por ellos , que las restricciones físicas o psiquicas queden como impedimentos y que no sean condiciones insalvables, que nuestro empeño y lucha procure la eliminación de las barreras para la integración en la actividad deportiva de estos deportistas.

Visionad el video AQUÍ