19 de maio de 2015

Grazas e adeus


O 8 de setembro do 2011, empecei con este blog coa ilusión de informar da actualidade do club e de noticias relacionadas.

A día de hoxe déixoo por cansazo, falta de tempo, e porque para unha soa persoa é moi estresante.

Quero darvos as grazas por soportar as meteduras de pata, erros lingüísticos, faltas de ortografía, e moito máis(non teño idea de informática).

Espero que a nova páxina que está en proxecto continúe con mellor resultado, máis visitas e mellor formato, cambiamos para wordpress coa intención de que sexa máis dinámica.

No lateral dereito quedan as dez páxinas máis visitadas por vós, unha mestura de artigos variopintos, co que conseguimos chegar ás 217.344 visitas, un logro para un blog local, dun equipo pequeno (grande por dentro) e dun deporte minoritario.

Grazas por soportarme.

Artigo dun pai do noso clube


16 de maio de 2015

[Primeira división Benxamín] H.C.Raxoi - Santa María do Mar

No descanso despois de comezar adiantándonos 2 a 0 chegamos cun 2-2 que deixaba o partido aberto cara a segunda parte!
Segunda parte na que volvimos adiantarnos, pero nun erro colectivo empatáronnos!
Resultado final 3-3!


13 de maio de 2015

Micro

Fin de tempada do noso micro, que fixeron partidos boisimos.
TEMOS CANTEIRA

12 de maio de 2015

Onte morreu Albert López, xogador de balonman


Onte morreu Albert López Ortega , exjugador do BM Fraikin Granollers de 21 anos por mor dun cancro.
Albert empezou nos xuvenís, e chegou a xogar no segundo equipo en primeira nacional; en 2010 lle diagnosticaron por primeira vez a enfermidade e tras sete meses de tratamento onde non deixou de xogar ao balonmano. Pero pouco tempo despois, a terrible enfermidade volveulle a chamar á porta, esta vez no pulmón.


Albert decidiu deixar a quimioterapia, empezou tratamentos naturais e tamén o conseguiu superar. Esta segunda vez, a consecuencia foi que tivo que deixar o balonmano, pero non foi un obstáculo para él, que buscou o lado positivo e empezou a estudar arquitectura na universidade.

Finalmente, Albert volveu recaer por terceira vez. A partir deste momento, deu a coñecer a súa enfermidade e as súas ganas de vivir relatando a súa día a día e regalando optimismo e leccións de vida a todos o seu seguidores na súa páxina web e nas redes sociais.

Este sábado xogarase o partido de Asobal entre o Fraikin Granollers e o Barcelona ás 18h e onde seguro verase unha gran homenaxe a esta grandísima persoa que nos ensinou que ser positivo é máis importante que os golpes que che poida dar a vida.

Desde aquí mandar un gran apoio aos seus familiares e todos os que loitan día a día contra esta enfermidade

Blog do colexio


10 de maio de 2015

Benxamín 1ª Div.

A falta de dúas xornadas (unha para o segundo ) pódese dicir que somos campións



5 de maio de 2015

Liga Europa de hockey patines



Ocultas tralo ruído mediático que xera a Champions League desenvólvense as máis diversas competicións dos máis variopintos deportes, actualmente estamos nas fases finais de competicións como a NBA, (da que nada se oe salvo cando algún dos irmáns Gasol vence e o xornalismo patrio saca a bandeira ) ou a que máis nos incumbe, a final da Liga Europa de hockey patines.

Debo recoñecer que me sigo preguntando como un deporte no que somos unha das superpotencias dominantes recibe tan pouca atención por parte dos medios. 
 O caso é que O Futbol Club Barcelona obtivo o seu vixésimo primeira Copa de Europa, revalidando o título obtido o ano pasado fronte ao Vic por 4 a 3. Si, houbo final española.
¿Repercusión? Nin está nin se espera. Non busquedes portadas. Non busquedes grandes artigos na prensa. Non os hai. E con todo seguimos sendo o país de referencia a nivel mundial cando se fala de hockey patines. 
É outro deses moitos deportes onde os resultados chegan máis aló de onde chega o seguimiento, onde o traballo a nivel de clubs e a implicación en categorías inferiores é tremenda.
 Está claro que a renovación do combinado nacional non desatará as polémicas das que gozan outros deportes, pero aos que seguimos este deporte non nos cabe dúbida de que o próximo mundial de Francia en xuño no que se debe consolidar o "cambio de garda" no que os Guillem Trabal, Marc Torra ou Sergi Panadero dan paso aos mozos como Xavi Barroso, Pablo Cancela e Carles Grau traerá un posible cambio no status quo mundial, durante 10 anos España gañouno todo a nivel de seleccións e como os otrora famosos terzos nada dura eternamente e a hegemonía está a piques de cambiar de mans, portugueses, italianos e arxentinos esperan. A nosa prensa non, ignorante aos logros dun deporte que proporcionou non poucos cordóns ao deporte español.