1 de mar. de 2015

[Primeira División Benxamín] @HockeyCRaxoi 6 - 5 @HockeyCiaMaria

Comezamos o partido con moitas gañas e superioridade chegando o 2-0 . Acto seguido e por erros defensivos chegamos ao 2-2
Penalti a favor do Compañía que converten póndose 2-3
Co pitido final da primeira parte conseguimos empatar nun mal partido pola nosa parte.
Segunda parte moi aturullada nos seus comezos.
Adiántase o Compañía e empatamos de penalti. 
A seis do final volvemos pórnos por diante con dous de vantaxe, pero Compañía reacciona e ponse a 1.
Resultado conque chegamos ao final. 

Quero destacar neste partido, e sinto se a alguén lle parece mal, que os pais e nais de ambos equipos dimos pena, temos que recapacitar e non trasladar tanta presión aos nenos que están a XOGAR, e repito, os pais e nais de ambos equipos.

4 comentarios:

  1. Por non falar da miña teima persoal, por iso o colgo como comentario, de que teñen que xogar TODOS!

    ResponderEliminar
  2. Os pais o final , o que conseguimos, e que os rapaces xoguen presionados e que se poñan nerviosos

    ResponderEliminar
  3. Ben despois de enfriar, estou dacordo con Diego e Santi, penso que deberíamos ir animar OS rapaces e pasar da arbitraje, ainda que as veces costa.
    Por otra banda, non estou dacordo con este entrenador, e prefiro decir o que penso, creo que o maís importante e participar, e que gañen e perdan todos, ainda que uns xoguen mais que outros , pero que xoguen. A postura do adestrador a respeto mais non a comparto, con que buscaremos unha saida o problema.

    ResponderEliminar
  4. non todos os pais protestan e deixemos os entrenadores que fagan o seu traballo pa consegir o mellor resultado po equipo

    ResponderEliminar

Ola:
Recórdoche que vas escribir un comentario nun blog deportivo-educativo.
Os comentarios inapropiados serán eliminados.