8 de mar. de 2015

[Primeira División Benxamín] CDominicos 2 - 7 HockeyCRaxoi

Xa lles tardaba comezar a quentar!
Listos para comezar o partido.
Comeza o partido moi igualado, conseguimos adiantarnos cun gol de Óscar. 
Durante unha boa fase do partido domina o Dominicos e mantemos o resultado por un par de boas paradas de Samuel. 
Despois dous goles de chiripa e un bo gol de Manu poñen o 1-3 no marcador co que chegamos ao descanso!
Na segunda parte dous robos con gol de Breixo e un Golazo de Óscar decidiron o partido!
Cara o final Álvaro converte un gol deixando o resultado nun 1-7 que non fai  xustiza ao partido do Dominicos que consegue un gol nos últimos instantes. 
Finaliza o partido 2-7.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Ola:
Recórdoche que vas escribir un comentario nun blog deportivo-educativo.
Os comentarios inapropiados serán eliminados.