5 de maio de 2015

Liga Europa de hockey patines



Ocultas tralo ruído mediático que xera a Champions League desenvólvense as máis diversas competicións dos máis variopintos deportes, actualmente estamos nas fases finais de competicións como a NBA, (da que nada se oe salvo cando algún dos irmáns Gasol vence e o xornalismo patrio saca a bandeira ) ou a que máis nos incumbe, a final da Liga Europa de hockey patines.

Debo recoñecer que me sigo preguntando como un deporte no que somos unha das superpotencias dominantes recibe tan pouca atención por parte dos medios. 
 O caso é que O Futbol Club Barcelona obtivo o seu vixésimo primeira Copa de Europa, revalidando o título obtido o ano pasado fronte ao Vic por 4 a 3. Si, houbo final española.
¿Repercusión? Nin está nin se espera. Non busquedes portadas. Non busquedes grandes artigos na prensa. Non os hai. E con todo seguimos sendo o país de referencia a nivel mundial cando se fala de hockey patines. 
É outro deses moitos deportes onde os resultados chegan máis aló de onde chega o seguimiento, onde o traballo a nivel de clubs e a implicación en categorías inferiores é tremenda.
 Está claro que a renovación do combinado nacional non desatará as polémicas das que gozan outros deportes, pero aos que seguimos este deporte non nos cabe dúbida de que o próximo mundial de Francia en xuño no que se debe consolidar o "cambio de garda" no que os Guillem Trabal, Marc Torra ou Sergi Panadero dan paso aos mozos como Xavi Barroso, Pablo Cancela e Carles Grau traerá un posible cambio no status quo mundial, durante 10 anos España gañouno todo a nivel de seleccións e como os otrora famosos terzos nada dura eternamente e a hegemonía está a piques de cambiar de mans, portugueses, italianos e arxentinos esperan. A nosa prensa non, ignorante aos logros dun deporte que proporcionou non poucos cordóns ao deporte español.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Ola:
Recórdoche que vas escribir un comentario nun blog deportivo-educativo.
Os comentarios inapropiados serán eliminados.