19 de maio de 2015

Grazas e adeus


O 8 de setembro do 2011, empecei con este blog coa ilusión de informar da actualidade do club e de noticias relacionadas.

A día de hoxe déixoo por cansazo, falta de tempo, e porque para unha soa persoa é moi estresante.

Quero darvos as grazas por soportar as meteduras de pata, erros lingüísticos, faltas de ortografía, e moito máis(non teño idea de informática).

Espero que a nova páxina que está en proxecto continúe con mellor resultado, máis visitas e mellor formato, cambiamos para wordpress coa intención de que sexa máis dinámica.

No lateral dereito quedan as dez páxinas máis visitadas por vós, unha mestura de artigos variopintos, co que conseguimos chegar ás 217.344 visitas, un logro para un blog local, dun equipo pequeno (grande por dentro) e dun deporte minoritario.

Grazas por soportarme.

4 comentarios:

  1. Moitas grazas por tanto tempo esforzándote e traballando por informar sobre o clube e o xockei en xeral


    ResponderEliminar
  2. Un saúdo, espero que volvas á nova páxina. Grazas polo teu traballo.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas polo traballo e o esforzo realizado durante tanto tempo para informar sobre o clube e, en xeral sobre o xoquei.

    ResponderEliminar
  4. Santi , gracias por todo el trabajo que has realizado no solo a nivel del blog.
    Gracias a todos y a tu gran colaboración este club de todos esta mucho mejor que hace cuatro años cuando nos atrevimos y nos implicamos entre todos en mantener este proyecto que como sabes no es nuestro si no de los muchos deportistas que participan con la camiseta del Raxoi H.C., por ellos debemos seguir y por ellos debemos mantener y enseñarles que sin esfuerzo no se consigue nada, ese esfuerzo que tu con tu dedicación nos has demostrado siempre. Gracias Santi.
    José María

    ResponderEliminar

Ola:
Recórdoche que vas escribir un comentario nun blog deportivo-educativo.
Os comentarios inapropiados serán eliminados.