Faltan detalles, pero ten boa pinta...........................
http://competiciones.fgpatinaxe.gal/hockey-patines/
30 de set. de 2015
26 de set. de 2015
Publicados los calendarios de Hockey sobre Patines que comienzan el 3 de octubre
http://www.fgpatinaje.com/publicados-los-calendarios-de-las-ligas-autonomicas-de-hockey-sobre-patines-que-comienzan-el-2-y-3-de-octubre/
23 de set. de 2015
Non só de fútbol vive o home
Deixei pasar uns días para ver si tiña que comerme as palabras que roldaban a miña cabeza o sábado pola noite, mentres vía a Javier Gómez Noya facerse co seu quinto cetro mundial.Lamentablemente non.
Este fin de semana, o triatlón español marcou un fito histórico, e con todo, a cobertura por parte da maioría dos medios foi ridícula. Catro, no programa dos Manolos, dedicoulle dez segundos.
Podo entendelo ata lóxico dado que é un telediario deportivo moi focalizado no fútbol, que queiramos ou non é o que máis vende, pero logo Televisión Española ( a de todos ) destapouse cun feito que me pareceu lamentable: dedicarlle 1,13segundos á vitoria de Noya e ao segundo posto de Mario Mola.
Que si, que as comparacións son odiosas, pero é que me pareceu extremadamente triste.
21 de set. de 2015
BA-LON-CES-TO
Con esta medalla España empata a ouros europeos con Lituania, 3 en total, conseguidos todos nos últimos 4 europeos disputados (2009, 2011, 2015), e quédase só por detrás da 14 veces campioa Unión Soviética e dos 8 ouros conseguidos por Yugoslavia.
Estannos afacendo mal estas xeracións, destacando a Gasol por suposto, campión de todo ou case todo, só lle resta facerse cun ouro nos Xogos Olímpicos e por rizar o rizo unha Euroliga. Para o primeiro só ten unha oportunidade este próximo verán en Río de Janeiro, aínda que si non puidese chegar ou finalmente non conseguise a medalla que pecharía unha carreira inigualable, non creo que ninguén teña dúbidas do conseguido por este "pequeno" de tan só 2,15 metros de altura
Pau Gasol recuperou a súa mellor versión ao longo deste Eurobasket que fai só unhas horas deixounos á selección española como campioa. Grazas a esta segunda mocidade que viviu Pau, a selección conseguiu chegar á final mediante leccións de talento por parte do catalán, unha tras outra, que conseguían manter esperanza nun equipo no que eu polo menos non cría ata o pasado xoves cando conseguiron vencer a Francia.

16 de set. de 2015
NOVO INICIO
LOGO DE COMPROBAR QUE CONTINÚAN AS VISITAS (MÁIS QUE ANTES) IMOS A CONTINUAR CO BLOG, PERO DÁNDOLLE UN TOQUE DISTINTO.
INTENTAREI FALAR DO HOCKEY DA COMARCA DE COMPOSTELA E DE TEMAS DEPORTIVOS.
ESPERO QUE VOS GUSTE.
INTENTAREI FALAR DO HOCKEY DA COMARCA DE COMPOSTELA E DE TEMAS DEPORTIVOS.
ESPERO QUE VOS GUSTE.
19 de maio de 2015
Grazas e adeus
O 8 de setembro do 2011, empecei con este blog coa ilusión de informar da actualidade do club e de noticias relacionadas.
A día de hoxe déixoo por cansazo, falta de tempo, e porque para unha soa persoa é moi estresante.
Quero darvos as grazas por soportar as meteduras de pata, erros lingüísticos, faltas de ortografía, e moito máis(non teño idea de informática).
Espero que a nova páxina que está en proxecto continúe con mellor resultado, máis visitas e mellor formato, cambiamos para wordpress coa intención de que sexa máis dinámica.
No lateral dereito quedan as dez páxinas máis visitadas por vós, unha mestura de artigos variopintos, co que conseguimos chegar ás 217.344 visitas, un logro para un blog local, dun equipo pequeno (grande por dentro) e dun deporte minoritario.
Grazas por soportarme.
18 de maio de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)