10 de out. de 2015

Inicio dun novo equipo


Un novo club ( Club Patín Oroso) iniciou o sua andadura este pasado sábado, perdendo por un resultado abultado, pero con traballo e esforzo todo pode cambiar.

Sempre se di que no deporte algúns gañan por inercia, que si encadeas un número alto de vitorias outras cantas veñen soas. Nunca crin que isto sexa certo, calquera vitoria sempre leva un traballo detrás.

Na actualidade prima a vitoria ante calquera outro aspecto e unha derrota é administrada case coma se o mundo acabásese, cando para nada é verdade isto último. Como principal aspecto a mellorar, debería estar o ensinar a perder ou a non gañar como prioritario, para intentar amoldar ás novas xeracións cunha boa educación. Tamén meteremos nisto aos medios de comunicación que se centran só nos gañadores, deixando de lado os deportes nos que os nosos deportistas non conseguen estar no máis alto e o que é peor, acórdanse deles só cando gañan.

O perder non é tan malo e menos aínda no deporte onde cada pouco tempo tense unha ocasión de revancha para poder demostrar que cun duro traballo é posible gañar onde antes perderas.

 Na xornada do 17 aparecen outros novos equipos, cada día somos maís.

26 de set. de 2015

Publicados los calendarios de Hockey sobre Patines que comienzan el 3 de octubre

http://www.fgpatinaje.com/publicados-los-calendarios-de-las-ligas-autonomicas-de-hockey-sobre-patines-que-comienzan-el-2-y-3-de-octubre/

23 de set. de 2015

Non só de fútbol vive o home


Deixei pasar uns días para ver si tiña que comerme as palabras que roldaban a miña cabeza o sábado pola noite, mentres vía a Javier Gómez Noya facerse co seu quinto cetro mundial.Lamentablemente non.

Este fin de semana, o triatlón español marcou un fito histórico, e con todo, a cobertura por parte da maioría dos medios foi ridícula. Catro, no programa dos Manolos, dedicoulle dez segundos.


Podo entendelo ata lóxico dado que é un telediario deportivo moi focalizado no fútbol, que queiramos ou non é o que máis vende, pero logo Televisión Española  ( a de todos ) destapouse cun feito que me pareceu lamentable: dedicarlle 1,13segundos á vitoria de Noya e ao segundo posto de Mario Mola. 

Que si, que as comparacións son odiosas, pero é que me pareceu extremadamente triste.

21 de set. de 2015

BA-LON-CES-TO

Con esta medalla España empata a ouros europeos con Lituania, 3 en total, conseguidos todos nos últimos 4 europeos disputados (2009, 2011, 2015), e quédase só por detrás da 14 veces campioa Unión Soviética e dos 8 ouros conseguidos por Yugoslavia.


Estannos  afacendo
mal estas xeracións, destacando a Gasol por suposto, campión de todo ou case todo, só lle resta facerse cun ouro nos Xogos Olímpicos e por rizar o rizo unha Euroliga. Para o primeiro só ten unha oportunidade este próximo verán en Río de Janeiro, aínda que si non puidese chegar ou finalmente non conseguise a medalla que pecharía unha carreira inigualable, non creo que ninguén teña dúbidas do conseguido por este "pequeno" de tan só 2,15 metros de altura

Pau Gasol recuperou a súa mellor versión ao longo deste Eurobasket que fai só unhas horas deixounos á selección española como campioa. Grazas a esta segunda mocidade que viviu Pau, a selección conseguiu chegar á final mediante leccións de talento por parte do catalán, unha tras outra, que conseguían manter esperanza nun equipo no que eu polo menos non cría ata o pasado xoves cando conseguiron vencer a Francia.

16 de set. de 2015

NOVO INICIO

LOGO  DE  COMPROBAR  QUE  CONTINÚAN  AS  VISITAS  (MÁIS QUE ANTES) IMOS  A  CONTINUAR  CO  BLOG,  PERO  DÁNDOLLE  UN  TOQUE DISTINTO.
INTENTAREI  FALAR DO  HOCKEY  DA  COMARCA  DE  COMPOSTELA  E  DE  TEMAS  DEPORTIVOS.
ESPERO  QUE VOS  GUSTE.

19 de maio de 2015

Grazas e adeus


O 8 de setembro do 2011, empecei con este blog coa ilusión de informar da actualidade do club e de noticias relacionadas.

A día de hoxe déixoo por cansazo, falta de tempo, e porque para unha soa persoa é moi estresante.

Quero darvos as grazas por soportar as meteduras de pata, erros lingüísticos, faltas de ortografía, e moito máis(non teño idea de informática).

Espero que a nova páxina que está en proxecto continúe con mellor resultado, máis visitas e mellor formato, cambiamos para wordpress coa intención de que sexa máis dinámica.

No lateral dereito quedan as dez páxinas máis visitadas por vós, unha mestura de artigos variopintos, co que conseguimos chegar ás 217.344 visitas, un logro para un blog local, dun equipo pequeno (grande por dentro) e dun deporte minoritario.

Grazas por soportarme.

Artigo dun pai do noso clube