Con esta medalla España empata a ouros europeos con Lituania, 3 en total, conseguidos todos nos últimos 4 europeos disputados (2009, 2011, 2015), e quédase só por detrás da 14 veces campioa Unión Soviética e dos 8 ouros conseguidos por Yugoslavia.
Estannos afacendo mal estas xeracións, destacando a Gasol por suposto, campión de todo ou case todo, só lle resta facerse cun ouro nos Xogos Olímpicos e por rizar o rizo unha Euroliga. Para o primeiro só ten unha oportunidade este próximo verán en Río de Janeiro, aínda que si non puidese chegar ou finalmente non conseguise a medalla que pecharía unha carreira inigualable, non creo que ninguén teña dúbidas do conseguido por este "pequeno" de tan só 2,15 metros de altura
Pau Gasol recuperou a súa mellor versión ao longo deste Eurobasket que fai só unhas horas deixounos á selección española como campioa. Grazas a esta segunda mocidade que viviu Pau, a selección conseguiu chegar á final mediante leccións de talento por parte do catalán, unha tras outra, que conseguían manter esperanza nun equipo no que eu polo menos non cría ata o pasado xoves cando conseguiron vencer a Francia.
21 de set. de 2015
16 de set. de 2015
NOVO INICIO
LOGO DE COMPROBAR QUE CONTINÚAN AS VISITAS (MÁIS QUE ANTES) IMOS A CONTINUAR CO BLOG, PERO DÁNDOLLE UN TOQUE DISTINTO.
INTENTAREI FALAR DO HOCKEY DA COMARCA DE COMPOSTELA E DE TEMAS DEPORTIVOS.
ESPERO QUE VOS GUSTE.
INTENTAREI FALAR DO HOCKEY DA COMARCA DE COMPOSTELA E DE TEMAS DEPORTIVOS.
ESPERO QUE VOS GUSTE.
19 de maio de 2015
Grazas e adeus
O 8 de setembro do 2011, empecei con este blog coa ilusión de informar da actualidade do club e de noticias relacionadas.
A día de hoxe déixoo por cansazo, falta de tempo, e porque para unha soa persoa é moi estresante.
Quero darvos as grazas por soportar as meteduras de pata, erros lingüísticos, faltas de ortografía, e moito máis(non teño idea de informática).
Espero que a nova páxina que está en proxecto continúe con mellor resultado, máis visitas e mellor formato, cambiamos para wordpress coa intención de que sexa máis dinámica.
No lateral dereito quedan as dez páxinas máis visitadas por vós, unha mestura de artigos variopintos, co que conseguimos chegar ás 217.344 visitas, un logro para un blog local, dun equipo pequeno (grande por dentro) e dun deporte minoritario.
Grazas por soportarme.
18 de maio de 2015
16 de maio de 2015
[Primeira división Benxamín] H.C.Raxoi - Santa María do Mar
No descanso despois de comezar adiantándonos 2 a 0 chegamos cun 2-2 que deixaba o partido aberto cara a segunda parte!
Segunda parte na que volvimos adiantarnos, pero nun erro colectivo empatáronnos!
Resultado final 3-3!
13 de maio de 2015
12 de maio de 2015
Onte morreu Albert López, xogador de balonman
Onte morreu Albert López Ortega , exjugador do BM Fraikin Granollers de 21 anos por mor dun cancro.
Albert empezou nos xuvenís, e chegou a xogar no segundo equipo en primeira nacional; en 2010 lle diagnosticaron por primeira vez a enfermidade e tras sete meses de tratamento onde non deixou de xogar ao balonmano. Pero pouco tempo despois, a terrible enfermidade volveulle a chamar á porta, esta vez no pulmón.
Albert decidiu deixar a quimioterapia, empezou tratamentos naturais e tamén o conseguiu superar. Esta segunda vez, a consecuencia foi que tivo que deixar o balonmano, pero non foi un obstáculo para él, que buscou o lado positivo e empezou a estudar arquitectura na universidade.
Finalmente, Albert volveu recaer por terceira vez. A partir deste momento, deu a coñecer a súa enfermidade e as súas ganas de vivir relatando a súa día a día e regalando optimismo e leccións de vida a todos o seu seguidores na súa páxina web e nas redes sociais.
Este sábado xogarase o partido de Asobal entre o Fraikin Granollers e o Barcelona ás 18h e onde seguro verase unha gran homenaxe a esta grandísima persoa que nos ensinou que ser positivo é máis importante que os golpes que che poida dar a vida.
Desde aquí mandar un gran apoio aos seus familiares e todos os que loitan día a día contra esta enfermidade
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






