26 de nov. de 2014

Isto non sae na prensa "seria"


Noutra orde de cousas, relacionada co balonmano, hoxe quérovos contar a outra historia do deporte, desde esta pasada xornada o O.A.R. Coruña conta cun novo segundo adestrador, Daniel González Pérez, un mozo de 22 anos que levaba colaborando coa entidade desde fai 2 anos e medio e que froito das súas colaboracións vai gañando en atribución de funcións ata chegar ao posto.

Os seus atribuciones irán desde solicitar os tempos mortos a intercambiar opinións co máximo responsable técnico ou facer de enlace entre o persoal e Aguirregabiria, o adestrador. O vindeiro sábado, no encontro correspondente á undécima xornada de Liga, subirá un peldaño máis e será o encargado de deseñar o equipo inicial.

Daniel pasa horas diante do ordenador analizando o rendemento dos xogadores, comparando estatísticas e revisando unha e outra vez a sesión de vídeo que se lle prepara aos xogadores, é o primeiro en chegar aos adestramentos dos martes, o que recibe aos árbitros os días de partido, o que sempre ten un sorriso ou unha palmada de ánimo cando os seus compañeiros han ter unha mala xornada, o que trata de acougar a Pablo Aguirregabiria cando tras un mal primeiro tempo toma enfurecido o camiño do vestuario, Pablo di del que Daniel posúe unha lectura táctica que xa lle gustaría a moitos. Iso é o que fixo que Daniel poida cumprir un soño co seu club e tede por seguro que non se vai a quedar aí e seguirá subindo, dende aquí quero felicitalo e darlle todo o apoio posible por conseguir algo tan importante a unha idade tan nova, pode ser que o OAR xa non este en Asobal, pero con xente así seguro que regresará pronto.

Por certo, esquencín dar un dato de Daniel, e é que ten síndrome de Down.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Ola:
Recórdoche que vas escribir un comentario nun blog deportivo-educativo.
Os comentarios inapropiados serán eliminados.