30 de maio de 2013

Fin de tempada

COMIDA FIN DE TEMPADA

O domingo día dous de xuño as 14:30 no restaurante do HOTEL CONGRESO
NON FALTEDES


Torneo Luso-Galáico

Durante este fin de semana os dias 1 e 2 de xuño no pavillón de vite de Santiago de Compostela, celebrarase o torneo internacional Luso-Galaico de hóckey a patíns, no que se poderá gozar do mellor hóckey actual da categoría sub-16 e que enfrontará á selección galega, actual campioa de España de seleccións autonómicas e as potentes seleccións de Aveiro,
Porto e Minho do noso pais veciño Portugal.

Torneo organizado polo  H.C.Raxoi e a Federación Galega de Patinaxe coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela. O proposito deste torneo é a preparación da selección Galega ante o inminente campionato de España que se disputará do 21 ao 23 de xuño en Asturias e no que o seleccionador Carlos Sánchez se marcou como obxectivo revalidar o titulo obtido o ano pasado, para iso conta nas súas filas con dous xogadores do H.C.Raxoi, Alex Ferreiro Soriano e o seu irmán César que xa foron campións de España coa selección no 2012.
,

28 de maio de 2013

Torneo cociña económica

Tivemos música en directo
                                                                                                  Samu e seu pai

23 de maio de 2013

web do concello de Santiago


DEPORTES

O concelleiro de Deportes entregou os trofeos do torneo de hóckey en favor da Cociña Económica

O concelleiro fai entrega dos trofeos aos nenos participatnes
Ampliar O concelleiro fai entrega dos trofeos aos nenos participatnes

20/05/2013 Adrián Varela presenciou no pavillón de Vite a última xornada do Trofeo solidario de hóckey Cociña Económica, que organizou o Raxoi Hóckey Club coa finalidade de recadar fondos para a institución benéfica. Participaron más de 200 xogadores, a maioría deles escolares.
Participaron os clubs H.C. Borbolla, A.C. Ordes, C.P. Burgos, Escola Lubiáns, CIA María Ferrol, Dominicos, Ponferrada, Traviesas H.C., H.C. Riazor, H.C. Cambre, H.C. Raxoi e Selección Galega. A primeira xornada do venres estivo destinada fundamentalmente aos partidos de categorías escolares, mentres que o prato forte do sábado foi a participación da Selección Galega. O torneo pechouse o domingo cos últimos partidos e a entrega de trofeos.

No marco do trofeo, o concelleiro anunciou que se vai habilitar un pavillón máis para a práctica do hóckey, o do CEIP Apóstolo Santiago. Ademais, agradeceu ao presidente do Hóckey Club Raxoi, José Mª Soriano, e ao seu secretario, Santiago Barral, o labor que o club realiza cos máis pequenos e con colectivos con discapacidade

Fin de tempada

O próximo día 2 (domingo) farase a comida de fin de tempada, xa informaremos donde e a que hora.