Gañamos nunha pista difícil, os últimos tres minutos e medio estiveron con cinco xogadores. Moi ben a afección, case mais que a deLubianse todo moi correcto. Colgaremos fotos
No partido de infantís do sábado, un dos nosos xogadores, Samuel, cando o equipo contrario realiza unha contra queda a darlle o stick o porteiro visitante, un xesto que foi aplaudido por todos os presentes. Perdemos 1 -5.
No partido prebenxamín xogado o domingo, un dos nosos xogadores perde o stick nunha xogada e cando se agacha a recollelo un defensor do equipo contrario atrásase e despraza o stick para que non poida collelo. Esta acción foi aplaudida por unha ou dúas persoas. Gañamos 6 - 3.
Dende o noso clube motivamos os xogadores para que a deportividade estea por enriba dos resultados .