30 de maio de 2013

Torneo Luso-Galáico

Durante este fin de semana os dias 1 e 2 de xuño no pavillón de vite de Santiago de Compostela, celebrarase o torneo internacional Luso-Galaico de hóckey a patíns, no que se poderá gozar do mellor hóckey actual da categoría sub-16 e que enfrontará á selección galega, actual campioa de España de seleccións autonómicas e as potentes seleccións de Aveiro,
Porto e Minho do noso pais veciño Portugal.

Torneo organizado polo  H.C.Raxoi e a Federación Galega de Patinaxe coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela. O proposito deste torneo é a preparación da selección Galega ante o inminente campionato de España que se disputará do 21 ao 23 de xuño en Asturias e no que o seleccionador Carlos Sánchez se marcou como obxectivo revalidar o titulo obtido o ano pasado, para iso conta nas súas filas con dous xogadores do H.C.Raxoi, Alex Ferreiro Soriano e o seu irmán César que xa foron campións de España coa selección no 2012.
,

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Ola:
Recórdoche que vas escribir un comentario nun blog deportivo-educativo.
Os comentarios inapropiados serán eliminados.