31 de xan. de 2015

Benxamín



Gran partido dos nosos, xogando un partido moi completo todos eles.






Primeira parte para enmarcar, perfecta e soamente a completa actuación do seu porteiro , permitiu que fuesemos ao descanso cun parcial de tres a cero.


Acabamos o partido co resultado de seis a dous, completando unha primeira volta ( a falta dun partido) moi boa, alcanzando a primeira praza da clasificación.
Faltou o noso corresponsal, ocupado en guerras de taboleiro, por iso o artigo non ten a calidade habitual.

25 de xan. de 2015

[Benxamín Primeira División] @HockeyCRaxoi 7 - 1 Traviesas H. C.

Comeza o partido co Raxoi presionando, só é cuestión de tempo o primeiro gol!
Chega o primeiro gol do Raxoi aos tres minutos!
Tempo morto a 8:36 do final manténdose o resultado de un gol a favor do Raxoi. 
Segundo gol do Raxoi a 6 minutos do final da primeira parte.
Terceiro gol do Raxoi a 3:55 do descanso.
Cuarto a 1:58 do final.
En definitiva unha primeira parte con pouca historia dominada polo Raxoi.
A segunda parte comeza cun gol do Raxoi.
Na segunda parte o Traviesas consegue marcarnun gol para deixar o resultado final nun 7 a 1 a prol do Raxoi. 




24 de xan. de 2015

Alevín

Bo partido do noso alevín , cun mal comezo ( como vén sendo habitual ) e que se reflectía no marcador, no minuto oito da primeira parte con empate a un gol.



Logo de espertar e unha moi boa segunda parte, acabamos o partido gañando por 14 - 5.

17 de xan. de 2015

Benxamín 1ª div.

Partido sen complicacións, que quedou resolto na primeira parte, cun resultado de 9 - 0, quedando o resultado final en 12 - 0
 O logo do concello foi borrado polo que suscribe

Alevín 1ª div.

Bo partido cun mal inicio. Empezamos moi mal a primeira parte, o de levantarnos cedo non nos senta ben, acabando a mesma cun empate a cero goles.

A rifa no vestuario por parte do  adestrador  no  descanso,  sacou do  letargo  aos  xogadores, gañando o partido por un bo resultado 1 - 7

11 de xan. de 2015

Alevín 1ª div.

Comezamos o partido co noso cinco de gala, dando minutos ao noso banquillo ao pouco de iniciarse o partido. Xogando todos os nenos antes do descanso chegamos a el cun resultado de 1 a 6.
Na primeira parte o que menos traballo tivo foi o árbitro, soamente tivo que pitar  unha soa falta por equipo.
Segunda parte sen historia que rematou cun 2 a 12. (ditix Diego)